Ofertas de emprego

FSE CONSELLERIA GALICIA

Obradoiro de Emprego – Xuventude en Acción 2018 Concellos de Dodro, Padrón e Rois

21 setembro 2018

Publicación das puntuacións provisionais dos participantes na oferta do Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción 2018. Ver documento adxunto.

Listado de candidatos admitidos como alumnos deste obradoiro de emprego. Ver documento adxunto.

>

Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV

 

O Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciado polos Concellos de Dodro, Padrón e Rois, continúa a impartir formación. Actualmente están en marcha o Obradoiro de empregabilidade e dinámicas de grupo e os cursos Operacións auxiliares de almacén e Ofimática. >

Atopan traballo 35 persoas que se formaron no Terras de Iria IV

O programa integrado de emprego (PIE) Terras de Iria IV logrou que se incorporaran ao mercado laboral o 41% do alumnado que participou nos quince cursos formativos que se levan impartindo nesta iniciativa nos últimos sete meses. Financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polos concellos de Rois, Padrón e Dodro, o PIE Terras de Iria está superando as expectativas fixadas polo goberno galego para conseguir que 35 persoas en situación de desemprego poidan atopar un traballo, das 81 que participaron nesta iniciativa. >

Remata o curso de caixeiro-repoñedor tras 120 horas de formación

Rematou o curso de Caixeiro/repoñedor de 120 horas de formación no que os participantes do Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciado polos concellos de Dodro, Padrón e Rois, recibiron formación  en márketing e venda, merchandising, caixa e reposición, técnicas de venda e facturación, tipos de clientes e técnicas de comunicación. >