Atopan traballo 35 persoas que se formaron no Terras de Iria IV
O programa integrado de emprego (PIE) Terras de Iria IV logrou que se incorporaran ao mercado laboral o 41% do alumnado que participou nos quince cursos formativos que se levan impartindo nesta iniciativa nos últimos sete meses. Financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polos concellos de Rois, Padrón e Dodro, o PIE Terras de Iria está superando as expectativas fixadas polo goberno galego para conseguir que 35 persoas en situación de desemprego poidan atopar un traballo, das 81 que participaron nesta iniciativa. >