Educación, Cultura, Xuventude e Deportes

Martín del Río entregou hoxe os premios do certame artístico e literario aos gañadores

O concelleiro de Cultura de Rois, Martín del Río, presidiu hoxe a entrega de premios aos gañadores do Certame Artístico e Literario que organizou o Concello para conmemorar o Día das Letras Galegas. No mesmo acto, os asistentes puideron ver o ‘Telexornal Antón Fraguas’realizado polo alumnado de 3º e 4º da ESO do CPI dos Dices e tamén a curtametraxe ‘Manuela Romasanta’, do director Roberto Oliveira. >

Rois entrega maña premios literarios e proxecta o “Telexornal Antón Fraguas” do CPI dos Dices

Este venres, 24 de maio, o auditorio municipal de Rois abre as súas portas para a presentación de varias accións culturais desenvoltas no entorno do concello. Primeiramente, proxectarase o “Telexornal Antón Fraguas” realizado desde o CPI Plurilingüe dos Dices que achega, como en anos anteriores, á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. >

O Certame Artístico e Literario de relato breve e poesía escolle aos seus gañadores

Reunido o luns 20 de maio o tribunal do Certame Artístico e Literario. Relato breve e poesía, constituído por Inmaculada Seage Freire, Lois Gil Magariños e Iolanda Eiras Moreiras, resolven os seguintes premios por categorías:

MODALIDADE NARRATIVA

Categoría ata 6 anos: Lourenzo Somoza Singh polo traballo “O meu can Rufo”

Categoría 9-11 anos. >

Aulas de apoio educativo Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020)

As aulas de apoio educativo son un  espazo de intervención socioeducativa para menores en risco de exclusión social. É un programa complementario de educación e apoio familiar dirixido á inclusión social de menores.

Un colectivo de menores cun elevado índice de fracaso escolar considérase moi  vulnerable e cun alto risco de exclusión social. >