31 de maio de 2021

Faise  pública a listaxe definitiva de nenos e nenas admitidas para participar no Diververán 2021, así como unha lista de agarda.

Nos vindeiros días, dende o Concello de Rois poranse en contacto coas familias, a través do correo electrónico facilitado na matrícula, para informar onde se van desenvolver as actividades. Dende o Concello está a espera de confirmar se as obras previstas para mellorar o colexio dos Dices van interferir no desenvolvemento do Diververán, e motivar que as actividades previstas se celebren noutra ou noutras localizacións.

Os listados definitivos e de agarda pódense consultar nos arquivos adxuntos.

26 de maio de 2021

Faise pública a listaxe provisional de nenos e nenas admitidas para o Diververán 2021.

As persoas que desexen confirmar a súa praza, deberán facer efectivo o pagamento da taxa correspondente antes do 30 de maio, na conta que o Concello de Rois ten na entidade Abanca, e reenviar o xustificante por correo electrónico ao enderezo cultura@rois.gal.

No concepto do ingreso debe poñerse o nome e apelidos do menor máis Diververán 2021.

Resumo de datos para confirmar a praza:

  • Pagamento: ata o 30 de maio (incluído)
  • Facer igreso en Abanca. IBAN: ES64 2080 0328 9631 1000 0060
  • Poñer no concepto do ingreso: Diververán 2021 + nome e apelidos do/da menor. En caso de varios irmáns, poñer os nome de cada máis os apelidos
  • Enviar xustificante do pagamento por correo electrónico a cultura@rois.gal 

A listaxe de persoas admitidas pódese consultar no documento adxunto.   

19 de maio de 2021

Rois pon en marcha o Diververán 2021 con catro quendas de 15 días en xullo e agosto

O Concello de Rois pon en marcha o programa de conciliación familiar Diververán 2021 que se desenvolverá nos meses de xullo e agosto en Rois e Urdilde para facilitar a conciliación familiar e laboral. O prazo de inscrición remata o vindeiro martes, 25 de maio.

O Diververán 2021 está dirixido a nenos e nenas a partir de 4º de Educación Infantil e contará con numerosas actividades que se desenvolverán simultaneamente en Rois e Urdilde, para favorecendo deste xeito qeu se poidan adoptar as medidas de seguridade e hixiene necesarias para previr a covid-19.

Este programa contará con catro quendas de quince días cada unha durante os meses de xullo e agosto, e terá un servizo de amencer (de 7.30 a 10.00 horas) no que se ofrecerá servizo de almorzo, xogo e reforzo educativo. As actividades do Diververán realizaranse de 10.00 a 14.00 horas.

O prezo por quenda é de 50 euros por quenda, cun suplemento de 5 euros por quenda para o servizo de amencer (1 euros diario para almorzos soltos). O Concello de Rois ten establecidos descontos do 25% da cota nos casos de segundo irmá, familias numerosas, monoparentais e menores con discapacidade. A matrícula para o mes completo é de 90 euros.

As familias interesadas deberán formalizar a inscrición antes do 25 de maio cubrindo o formulario adxunto e remitindo por correo electrónico ao enderezo cultura@rois.gal ou entregándoo no edificio multiúsos.

A listaxe provisional de admitidos publicarase o 26 de maio na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios do concello. As familias admitidas terán ata o 30 de maio para efectuar o pagamento da cota correspondente e o 31 de maio publicarase a listaxe definitiva.

Todas as actuacións vinculadas co Diververán estarán condicionadas á evolución do coronavirus.

As persoas interesadas poderán consultar as dúbidas no correo electrónico cultura@rois.gal ou no teléfono do multiúsos 981 816 061 os luns, mércores e venres de 10.00 a 13.00, e polas tardes de 16.30 a 20.00 horas.

Ademais da ficha de inscrición, as familias deberán cubrir tamén o anexo sobre indicadores de produtividade sobre participantes. Os documentos figuran nos arquivos adxuntos.