José Luis Mariño, Pablo Rodríguez, María Correa, Brasil Souto e Carla Montoiro foron os gañadores, nas diferentes categorías, do Premio Ciclista San Isidro Trofeo Suso Blanco Villar que organizaron o Concello de Rois e o Club Ciclista Padronés Aluminios Cortizo e no que participaron máis de 200 corredores, de cadete ata máster.
A proba disputouse este sábado no concello de Rois, coa colaboración do Comité Técnico de Árbitros da Federación Galega de Ciclismo, nun circuíto duns tres quilómetros, cun trazado rompepernas que pasou polos lugares de Antequeira, A Pontenova, Oín e Samil, ao que os participantes tiveron que dar varias voltas segundo a súa categoría.
O C.C. Padronés e o Concello de Rois contaron coa colaboración da Deputación da Coruña, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta e Abanca para organizar este trofeo, cuxo gañador absoluto foi José Luis Mariño.
Os primeiros en tomar a saída foron os participantes na categoría cadete, despois os junior e remataron os da categoría máster. As clasificacións por categorías foron as seguintes:
Categoría Máster: José LuisMariño, Pablo Rodríguez López e Iago Alonso Alonso.
Junior masculino: Pablo Rodríguez Casalmorto, Xosé Pérez Blanco e Beltaine Barcaza García
Junior femenina: María Correa Rubio, Antía Crende López e Sara García Lousa
Cadete masculino: Brasil Souto Alonso, Rubén Fandiño Fernández e Alexandre García Salgado
Cadete femenina: Carla Montoiro Suárez, Laura Mira Juárez e Claudia García Salgado.
Album de fotos no facebook do Concello de Rois (neste enlace)