O Concello de Rois aprobou as bases da convocatoria de subvencións a asociacións culturais, deportivas, veciñais e educativas e para actividades de reinserción social para o ano 2018.

En total, o Concello de Rois investirá 49.500 euros nesta convocatoria, repartidos do seguinte xeito: 15.000 € en subvencións a actividades educativas; 7.000 € para asociacións culturais; 13.500 para actividades deportivas; 12.000 € para asociacións veciñais; e 2.000 € para actividades de reinserción social para asociacións de persoas con discapacidade.

O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación das bases da convocatoria no BOP.

Podes consultar a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia neste enlace.