Os veciños e Samamede, coa súa particular visión do ‘Complexo Hospitalario Sanamede’ que contou cun parto e operación en vivo, e a ‘Operación Xesta’, coa súa particular interpretación da serie ‘Fariña’ foron onte os gañadores na categoría de comparsas do concurso de Entroido que organizou o Concello de Rois e que contou cunha gran participación.

Nas categorías individuais os gañadores foron o ‘Piloto de globo aerostático’ (en menores de 12 anos) e ‘Vimos toda a familia’; mentres que en parellas o primeiro premio foi para ‘Papá Héctor e mamá Imelda’ nunha tarde na que centos de veciños se deron cita no polideportivo de Rois despois de participar no Desfile Entroideiro, no que todos os participantes foron desfilando dende o concello ata o pavillón.

O xurado tivo un duro traballo, xa que debeu valorar os disfraces e as actuacións de máis de sesenta concursantes nas diferentes modalidades. E mentres os xuíces facían a valoración, os asistentes puideron degustar os diferentes produtos que as asociacións do concello (veciñais, anpas, e o propio concello) levaron ata o polideportivo para repoñer forzas.

20190302 Air Rois

Os gañadores nas diferentes categorías foron:

Individual ata 11 anos: Piloto de globo aerostático, Cenicienta baile baile, Olaf, Optimus e Florencia

Individual de 12 ou máis anos:Vimos toda a familia, Puzle e Carapuchiña

Parella:Papá Héctor e mamá Imelda,, Vendedoras de verduras e Luci e Mario

Comparsas de ata 15 membros:Operación Xesta, Aerolínea Air Rois e Peque Circo.

Comparsas de 15 ou máis membros: CHUS Sanamede e Viño Grego.

Podes ver as fotos do concurso no facebook do Concello, nestes enlaces: Desfile dos participantes e Ambiente entroideiro

20190302 Toda familia