Tras rematar o proceso da convocatoria, faise pública a resolución da Secretaría Xeral para o Deporte na que se atopan as listaxes definitivas de concesións e inadmisións das subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 16 de maio de 2019.

A resolución do Diario Oficial de Galicia, coas correspondentes listaxes, pode consultarse no arquivo adxunto.