O Premio Ciclista Santo Isidro, que organizan o Club Ciclista Padronés e o Concello de Rois, contou por primeira vez nos seus quince anos de historia coa participación da selección portuguesa feminina na categoría junior. E foi precisamente a lusa Mariana Libano a gañadora desta categoría, superando con comodidade a Sonia Domínguez e a Laura Mira.

Nesta décimo quinta edición do Trofeo Suso Blanco Villar participaron 120 ciclistas, distribuídos nos dezaseis equipos participantes, que disputaron a proba nun circuíto con saída e meta diante da casa consistorial. Ademais da selección portuguesa había outros dous equipos lusos, o Landeiros e o KTM, que lograron subir algún corredor ao podio.

Os gañadores nas diferentes categorías foton:

Cadete feminino: Lara Fuentes, María Cabot e Lucía Ballester

Cadete masculino: Samuel Ferreira, Iker Rodríguez e Brais Pena

Junior feminino: Mariana Libano, Sonia Domínguez e Laura Mira.

Junio masculino: Sergio Calvo, Pedro Pinto e Asier Torrado.

Elite feminina: María Jesús Barros, Carmen Lens e Rebeca FilgueiraNa entrega de premios participaron o tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes de Rois, Manuel dos Santos e Martín del Río; o presidente do C.C. Padronés,  Estanislato Vázquez, e o técnico de deportes de Rois, Roberto Agrelo.