Dende hoxe e durante un mes sométese a exposición pública o expediente de desafectación dun camiño municipal que transcorre pola parcela 145 do Plano Xeral de Concentración Parcelaria de Santa María de Oín. O proxecto pode consultarse nas depedencias de Secretaría do Concello de Rois coa fin de presentar as alegacións e reclamacións que se consideren oportunas, tamén no prazo dun mes. O anunciou foi publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP) este martes 21 de setembro (ler aquí).

O Pleno da Corporación Municipal de Rois adoptou o pasado día 6 nunha sesión ordinaria a decisión de aprobar o expediente de desafectación do dominio público local dun terreo que aparece como camiño municipal en Oín de Abaixo. Este camiño discorre polo vento norte da parcela 145 do plano Xeral de Concentración Parcelaria de Santa María de Oín, coa forma, límites e extensión descritos no informe técnico.

O expediente é o que agora poden consultar todas as persoas interesadas na Secretaría do Concello logo de anunciarse no BOP. O aviso tamén se publica na web, na sede electrónica do Concello e no taboleiro de anuncios.