20200310 xornada agricultura auga webO Concello de Rois organiza unha xornada sobre agricultura e custodia fluvial, que terá lugar na mañá do sábado 14 de marzo no local social de Urdilde. O obxectivo desta iniciativa é concienciar sobre o coidado do medio natural e evitar as prácticas agrarias que contaminen as augas ou degraden os bosques de ribeira.

A xornada comezará ás 10.25 horas coa intervención do alcalde de Rois. A seguir, Juan Castro, investigador do Centro de Investigacións Agrarias (CIAM), falará das boas prácticas agrarias para evitar a contaminación das augas. Outro dos relatores é Rafa García, responsable de vendas agrogandeiras de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), quen defenderá que o futuro do valor engadido do leite estará no gandeiro. Por último, a degradación do bosque de ribeira será o tema sobre o que versará a intervención de Eloi Rodríguez, garda fluvial de Augas de Galicia.