Urbanismo e Medio Ambiente

Cartel da sesión informativa sobre reclamación de gastos hipotecarios

O Auditorio acollerá o venres 1 de marzo unha sesión informativa sobre os gastos hipotecarios

A Unión de Consumidores de Galicia desenvolverá en Rois unha sesión informativa sobre os gastos hipotecarios. Aquelas persoas que compraran unha casa e teñan unha hipoteca poderán asistir o venres 1 de marzo ás 19.30 horas a esta sesión, na que se lles ofrecerán todas as claves para reclamar os gastos hipotecarios. >

O Auditorio acollerá o venres 1 de marzo unha sesión informativa sobre os gastos hipotecarios Ler máis »

Cartel portada compostaxe doméstica

O Concello de Rois redobra esforzos no manexo dos residuos orgánicos co reparto de 150 novos composteiros

  • O Concello proporcionará composteiros e asesoramento de balde
  • A veciñanza que dispón dun pequeno terreo poderá autoxestionar os residuos orgánicos que se producen no fogar
  • A inscrición no programa de compostaxe doméstica pode facerse nas oficinais municipais ou en liña

O Concello de Rois redobra esforzos no manexo dos residuos orgánicos co reparto de 150 novos composteiros Ler máis »

Rois habilita un posto para persoal de servizos do centro de saúde de Urdilde e cambia o tellado para mellorar a eficiencia enerxética

  • O alcalde, Ramón Tojo, e a tenente de alcalde, Mercedes Basante, visitaron o centro para ver o estado das actuacións
  • Novo número de teléfono para solicitar citas no centro: 981 723 302

Rois habilita un posto para persoal de servizos do centro de saúde de Urdilde e cambia o tellado para mellorar a eficiencia enerxética Ler máis »

A conselleira Ethel Vázquez visita Rois para supervisar a nova senda peonil

A nova senda peonil que enlaza Rois con Cortizo mellora a accesibilidade e a seguridade da AC-301

  • O alcalde, Ramón Tojo, e a conselleira de Infraestruturas, Ehtel Vázquez, supervisaron esta mañá o itinerario
  • A senda conta con 750 metros de lonxitude e unha anchura constante de dous metros
  • Os traballos incluíron melloras no trazado da estrada e a supresión dos postes de electricidade e supuxeron un investimento de 726.000 euros

A nova senda peonil que enlaza Rois con Cortizo mellora a accesibilidade e a seguridade da AC-301 Ler máis »