Urbanismo e Medio Ambiente

O Concello cederalle a unitaria de Sorribas á Asociación Amipa para crear un centro de día de persoas con discapacidade intelectual con dez prazas

  • A acordo foi adoptado por unanimidade no Pleno extraordinario de hoxe unha vez que tanto esta unitaria como a da Peruca deixan de estar adscritas ao servizo público de educación
  • Aprobada a desafectación inicial dun camiño en Ferreiros a petición dun veciño que fai unha permuta co Concello
  • A Corporación trasládalle o pésame á familia do finado Lois Aldegunde e doa as dietas da sesión á Asociación Galega de ELA

O Concello cederalle a unitaria de Sorribas á Asociación Amipa para crear un centro de día de persoas con discapacidade intelectual con dez prazas Ler máis »

O presidente da Xunta avanza que a ampliación da autovía ata Urdilde estará operativa en 2027

  • Alfonso Rueda supervisou as obras para ampliar a catro carrís o tramo do corredor Brión-Noia que pasa por Rois
  • O alcalde, Ramón Tojo, resalta que esta infraestrutura mellorará a conexión con Santiago e facilitará a expansión da zona norte de Rois
  • O Goberno galego inviste 11,2 millóns de euros nestes 4,9 km para mellorar a calidade de vida e a seguridade viaria dos máis de 160.000 veciños das áreas de Compostela e Noia-Barbanza

O presidente da Xunta avanza que a ampliación da autovía ata Urdilde estará operativa en 2027 Ler máis »

Rois avanza en eficiencia enerxética e protección ambiental con investimentos da Xunta por valor de 64.000 euros

  • As actuacións inclúen melloras en instalacións deportivas e a adquisición de novo equipamento para a conservación do territorio
  • A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou o municipio acompañada polo alcalde, Ramón Tojo

Rois avanza en eficiencia enerxética e protección ambiental con investimentos da Xunta por valor de 64.000 euros Ler máis »

A colaboración entre Rois e Brión acaba co illamento de Codesido cunha achega da Xunta

  • Os dous concellos aportaron 42.000 euros cada un para arranxar a ponte que facilita a saída do núcleo cara a Sabaxáns
  • Os dous alcaldes coinciden na necesidade de manter proxectos conxuntos. “Aquí non hai marcos nin barreiras. Todos somos cidadáns do mundo”.
  • Belén do Campo visitou hoxe a zona, que contou cunha axuda do Goberno autonómico de 50.000 euros

A colaboración entre Rois e Brión acaba co illamento de Codesido cunha achega da Xunta Ler máis »