Servizos Sociais

Noticias de Servizos Sociais do Concello de Rois

Aprobado en Pleno o regulamento do Punto de atención á infancia e o prezo público do servizo de comedor

  • Para matricularse no centro, situado en Urdilde, terán preferencia as familias empadroadas en Rois
  • O prezo do comedor é o establecido pola Xunta de Galicia segundo a renda familiar
  • O Concello ten licitado a xestión do PAI, que se espera comece a funcionar este mesmo ano.
  • Minuto de silencio polos crimes de Gaza e noutros conflitos bélico en todo o mundo

Aprobado en Pleno o regulamento do Punto de atención á infancia e o prezo público do servizo de comedor Ler máis »

Rois reforza a conciliación familiar coa continuidade da Ludoteca escolar e a posta en marcha do novo Servizo Amencer

O Concello de Rois vén de anunciar o inicio dos programas de apoio á conciliación familiar para o curso 2025/26, que inclúen a continuidade do servizo de Ludoteca escolar e, como gran novidade, a posta en marcha do Servizo Amencer. Ambos recursos están deseñados para facilitar a organización das familias e ofrecer ao alumnado un espazo de aprendizaxe, xogo e creatividade fóra do horario lectivo. >

Rois reforza a conciliación familiar coa continuidade da Ludoteca escolar e a posta en marcha do novo Servizo Amencer Ler máis »

Rois saca a licitación o Servizo de Axuda no Fogar por dous anos en 1,2 millóns de euros

O cláusulas contemplan a posibilidade dun ano de prórroga o que eleva o contrato a 1.803.360 euros Establécese un máximo de 25.000 horas de atención anuais no SAF baixo a modalidade de dependencia. Este é o contrato de maior importe de todos os servizos que presta o Concello

Rois saca a licitación o Servizo de Axuda no Fogar por dous anos en 1,2 millóns de euros Ler máis »

O Concello de Rois felicita a Josefina Lago Rey polos seus 102 anos de vida

O alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, achegouse ata a parroquia de Urdilde para felicitar persoalmente a Josefina Lago Rey, veciña de Macedos que vén de cumprir nada menos que 102 anos.

Acompañada pola súa filla Chelo, que coida dela con agarimo e dedicación, e do seu xenro Manuel dos Santos, Josefina recibiu por parte do Concello un ramo de flores, unha felicitación personalizada e unha medalla conmemorativa que suma á colección de lembranzas dunha vida longa e chea de experiencias. >

O Concello de Rois felicita a Josefina Lago Rey polos seus 102 anos de vida Ler máis »