Servizos Sociais

Noticias de Servizos Sociais do Concello de Rois

Máis de 50 veciños e veciñas de Rois participan nas excursións á Mariña Lucense e ao San Froilán

As dúas excursións organizadas polo Concello de Rois foron un éxito. Decenas de veciños e veciñas non quixeron perder a oportunidade de gozar de dúas xornadas diferentes e moi divertidas visitando dous lugares emblemáticos de Galicia como a Mariña Lucense e a cidade de Lugo. >

Máis de 50 veciños e veciñas de Rois participan nas excursións á Mariña Lucense e ao San Froilán Ler máis »

O Censo Electoral das Eleccións as Cortes Xerais do 10 de novembro estará exposto do 30 de setembro ao 7 de outubro

En cumprimento do disposto na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral e convocatoria das Eleccións as Cortes Xerais que se van a ter lugar o vindeiro 10 de novembro de 2019, ponse en coñecemento da veciñanza que:
O Censo Electoral estará exposto ao público entre os días 30 de setembro e 7 de outubro de 2019 (ámbolos dous incluídos). >

O Censo Electoral das Eleccións as Cortes Xerais do 10 de novembro estará exposto do 30 de setembro ao 7 de outubro Ler máis »

A Biblioteca Municipal de Rois adhírese ao sistema de xestión KOHA da Rede de bibliotecas públicas galegas

A Biblioteca Municipal de Rois ultima os trámites para adherirse ao sistema de xestión KOHA da Rede de bibliotecas públicas de Galicia. Despois de permanecer pechada durante a segunda quincena de agosto, o proceso de  instalación do novo sistema está chegando ao seu fin co obxectivo de permitir, entre outras cousas, a creación dun catálogo único e a unificación dos carnés de socios e socias, que comezarán a ser válidos en toda a Rede. >

A Biblioteca Municipal de Rois adhírese ao sistema de xestión KOHA da Rede de bibliotecas públicas galegas Ler máis »

José Veiga recibe como agasallo do Concello un peregrino de bronce ao cumprir 100 anos

Rois conta cun novo membro no seu selecto club de centenarios. José Veiga Gandarela, que naceu na aldea da Cabanela, en Urdilde, o 18 de xullo de 1919, recibiu o venres a visita do alcalde, Ramón Tojo, e do tenente de alcalde, Manuel dos Santos, que lle entregaron un peregrino de bronce como agasallo do Concello de Rois para celebrar esta efeméride e conversar durante uns minutos. >

José Veiga recibe como agasallo do Concello un peregrino de bronce ao cumprir 100 anos Ler máis »

Aberto o prazo de solicitude de subvencións do programa Emega de emprendemento feminino

A Secretaría Xeral de Igualdade, xunto co Fondo Social Europeo, convoca unha serie de subvencións para apoiar o emprendemento feminino baixo o programa Emega. Esta iniciativa está composta por un conxunto de axudas dirixidas a respaldar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituidas por mulleres, entre outra accións complementarias. >

Aberto o prazo de solicitude de subvencións do programa Emega de emprendemento feminino Ler máis »

Información sobre o cambio de localización para a solicitude de permisos de corta

O Distrito Forestal informa sobre o cambio de localización para facer solicitude dos permisos de corta do Concello de Rois. Deste xeito, durante os meses de xullo, agosto e setembro as persoas interesadas en requerir esta licencia, deberán achegarse ao Distrito Forestal de Noia, situado na Rúa Pintor Xenaro Carrero número 25. >

Información sobre o cambio de localización para a solicitude de permisos de corta Ler máis »