Convocadas axudas económicas para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres
A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia ven de convocar axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas. >