Servizos Sociais

Noticias de Servizos Sociais do Concello de Rois

O alumnado de Xuventude en Acción visita Edugal para coñecer a oferta formativa galega

20200214 Visita didactica interiorO alumnado do Obradoiro de Garantía Xuvenil dos concellos de Rois, Padrón e Dodro “Xuventude en Acción 2019” visitou o pasado venres o IX Salón da Oferta da Educación e Formación de Galicia (Edugal) no recinto feiral de Pontevedra. Organizado pola Asociación da Mediana e Pequena Empresa (Aempe), Edugal celebrouse entre o 12 e o 14 de febreiro co obxectivo promocionar a oferta educativa galega e servir de ponte entre a formación e o mundo laboral, establecendo un  contacto directo entre o público xeral, entidades, institucións e empresas. >

Os vehículo agrícolas poderán pasar a ITV en Rois os días 12, 13, 16 e 17 de marzo

  • O xoves e venres estará na pista polideportiva de Vilachán, e o luns e martes en Urdilde

  • É necesario pedir cita previa no 902 309 000 ou na web www.sycitv.com

A unidade móbil número 3 da inspección técnica de vehículos agrícolas desprazarase ata o municipio de Rois a mediados do vindeiro mes de marzo, para que os titulares desta maquinaria poidan pasar a ITV sen desprazarse fora do concello. >

Convocadas as axudas de respiro familiar para coidadores de persoas en situación de dependencia

  • As solicitudes pódense presentar dende o 5 de febreiro ata o 30 de setembro

Diario Oficial de Galicia publica hoxe unha orde da Consellería de Política Solicial pola que se establecen as bases para conceder axudas económicas para o exercicio 2020, en réxime de concorrencia competitiva, ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa de Respiro Familiar para persoas coidadoras. >

O alumnado do Obradoiro de Emprego xuvenil de creación de páxinas web coñece as súas saídas laborais nunha visita didáctica

20200117 OE FP

O alumnado do Obradoiro de Emprego Xuventude en Acción 2019, desenvolvido polos concellos de Rois, Padrón e Dodro, realizou o pasado venres 17 de xaneiro unha visita didáctica a Santiago de Compostela dirixida a coñecer as saídas profesionais da especialidade de confección e publicación de páxinas web na que se están a formar. >

O Concello de Rois pide colaboración veciñal para sumarse ao proxecto da Amtega para mellorar a cobertura de móbiles

  • O goberno municipal solicita á veciñanza que informe antes do 30 de xaneiro dos núcleos que non teñen cobertura

 

O Concello de Rois está analizando a posibilidade de  sumarse ao convenio marco que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) firmou coa Fegamp para mellorar a cobertura de móbiles no rural. >