Ofertas de emprego

Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV

 

O Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciado polos Concellos de Dodro, Padrón e Rois, continúa a impartir formación. Actualmente están en marcha o Obradoiro de empregabilidade e dinámicas de grupo e os cursos Operacións auxiliares de almacén e Ofimática. >

Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV Ler máis »

Obradoiro de emprego para menores en 30 anos de Rois, Padrón e Dodro sobre o sector turístico

FSE CONSELLERIA GALICIA

O Concellos de Rois, xunto cos de Padrón e Dodro, está a promover un obradoiro de emprego sobre o sector turístico dirixido a dez mozas e mozos menores de 30 anos que estean desempregados, teñan o titulo de Bacharelato ou un ciclo superior de FP e estean inscritos no Programa de Garantía Xuvenil. >

Obradoiro de emprego para menores en 30 anos de Rois, Padrón e Dodro sobre o sector turístico Ler máis »

Atopan traballo 35 persoas que se formaron no Terras de Iria IV

O programa integrado de emprego (PIE) Terras de Iria IV logrou que se incorporaran ao mercado laboral o 41% do alumnado que participou nos quince cursos formativos que se levan impartindo nesta iniciativa nos últimos sete meses. Financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polos concellos de Rois, Padrón e Dodro, o PIE Terras de Iria está superando as expectativas fixadas polo goberno galego para conseguir que 35 persoas en situación de desemprego poidan atopar un traballo, das 81 que participaron nesta iniciativa. >

Atopan traballo 35 persoas que se formaron no Terras de Iria IV Ler máis »

Remata o curso de caixeiro-repoñedor tras 120 horas de formación

Rematou o curso de Caixeiro/repoñedor de 120 horas de formación no que os participantes do Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e cofinanciado polos concellos de Dodro, Padrón e Rois, recibiron formación  en márketing e venda, merchandising, caixa e reposición, técnicas de venda e facturación, tipos de clientes e técnicas de comunicación. >

Remata o curso de caixeiro-repoñedor tras 120 horas de formación Ler máis »

Rematou o curso de Manufacturas de Coiro do Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV

Rematou a segunda edición do curso de Manufacturas do Coiro no que os e as participantes do Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, recibiron 150 horas de formación na producción de manufacturas do coiro mediante procedementos industriais e artesanais. >

Rematou o curso de Manufacturas de Coiro do Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV Ler máis »