Noticias

Rois viaxa con Rosalía de Castro

Velaquí o cartel do programa que o Concello de Rois deseña para a conmemoración do 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.
Ás 13.00h representantes municipais de Terras de Iria, así como Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, acompañados doutras entidades da comarca, realizarán unha ofrenda floral na estatura de Rosalía de Castro en Padrón. >

ARRANCA O CURSO DE MONITOR DE TEMPO LIBRE NO CONCELLO DE ROIS

O curso ten unha duración de 200 horas teóricas e 150 horas prácticas, a desenvolver conxuntamente no concello e está subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e polo propio Concello de Rois

O pasado venres 3 de febreiro, o alcalde do Concello de Rois Ramón Tojo, presentou en compañía do equipo docente da Escola de Tempo Libre Devagar, o curso de monitor de tempo libre, curso que se vai desenvolver na súa fase teórica ata comezos de maio, en horario de venres de 16 a 21h e sábados de 9 a 14 e de 16 a 20h, ata completar as 200 horas. >