Noticias

Rois remata os actos do Día de Rosalía con andaina escolar, teatro e repartindo libretas

  • Os Quinquilláns fixo gozar onte ao público con ‘A pluma viva de Rosalía’, baseado nun feito real de censura dun texto da escritora
  • A veciñanza que acudiu ao teatro levou como agasallo unha libreta conmemorativa do do 23 de febreiro e un verso da poeta
  • Alumnado de Urdilde fixo pola maña unha parte da senda dos Fondóns acompañados polo alcalde
  • Ramón Tojo visitou o mércores ao alumnado do obradoiro de emprego Xuventude en Acción
Rois aproba os orzamentos 2022 no pleno e tamén as obras do POS

Rois aproba un orzamento de catro millóns e destina dous para manter servizos á cidadanía

  • Para investimentos reais contémplanse medio millón de euros
  • As contas foron aprobadas cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG
  • Por unanimidade aprobáronse os proxectos de obras que se inclúen no POS+,, con 195.000 euros para gasto corrente, 87.400 para obras e 68.50 para financiar gastos sociais extraordinarios
  • No Plan complementario inclúense o afirmado de pistas en diferentes parroquias por un total de 813.839 euros