Castro de Socastro: Campo internacional de traballo 2018
Mozos de Rusia e sete comunidades españolas, no campo de traballo do Castro de Socastro
Podes ver os vídeos do Concello de Rois na nosa canle de Youtube
Mozos de Rusia e sete comunidades españolas, no campo de traballo do Castro de Socastro
NaturFest aposta pola música folk para poñer en valor a tradición e a paisaxe de Rois
Estadía en Inglaterra do alumnado de get brit, entidade que xestiona as aulas de inglés en Rois e Padrón. Participaron 10 nenos e nenas, algúns de Rois.
Familias que asisten regularmente ás actividades bibliotecarias que organiza o Concello de Rois participaron onte á excursión realizada ao Museo de Historia Natural de Santiago. Pequenos e maiores gozaron cos xogos no exterior e tamén descubrindo animais galegos dentro do propio museo.
Remata o curso de Caixeiro/repoñedor de 120 horas de formación, onde os participantes do Programa Integrado de Emprego Terras de Iria IV, subvencionado pola ConsellerÌa de EconomÌa, Emprego e Industria, e cofinanciado polos concellos de Dodro, Padrón e Rois, recibiron formación en marketing e venta, caixa e reposición, técnicas de venta e facturación, tipos de clientes e técnicas de comunicación; así como práctica no manexo do terminal de caixa.
Vacalouras puxo en escena a obra 'Aprendiza de bruxa' na festa de fin de curso celebrada no auditorio municipal de Rois. O grupo de teatro municipal está dirixido desde os seus inicios, hai 7 anos, pola actriz María Ordóñez, veciña de Rois e membro da compañía profesional Talía Teatro. Conta con grupo infantil e de adultos. A obra 'Aprendiza de bruxa' conta a historia da bruxa Curuxa, que está castigada polos seus pais e como castigo ten que facer unha boa acción: convivir cos humanos. Atoparase con moitas persoas do mundo real que lle axudarán a superar este castigo.