Educación, Cultura e Xuventude

Noticias relacionadas cos ámbitos de actuación de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Rois

Xornadas de iniciación á Marcha nórdica

20181009 beneficios Marcha nordicaO mércores día 10 dará comezo a actividade de Marcha nórdica. As xornadas de iniciación son gratuítas e celebraranse todos os mércores do mes de outubro. Os participantes sairán do edificio multiusos de Rois ás 11.00 da mañá.

Estas primeiras saídas servirán de toma de contacto cun deporte de resistencia, a marcha nórdica, que ten moitos beneficios para a saúde. >

Xornadas de iniciación á Marcha nórdica Ler máis »

Veciños de Rois, no San Froilán de Lugo

Medio cento de veciñas e veciños de Rois están gozando hoxe das festas do San Froilán en Lugo, ao participar na terceira excursión que organizou o Concello, dende o departamento de Cultura, como oportunidade para coñecer Galicia un pouco máis.
Antes de ir a Lugo, organizáronse outras dúas viaxes, unha á Costa da Morte e a outra para coñecer a comarca do Salnés. >

Veciños de Rois, no San Froilán de Lugo Ler máis »

Máis de trinta persoas visitaron a comarca do Salnés e 50 irán mañá a Lugo

Máis de trinta veciños e veciñas de Rois participaron o pasado sábado na excursión que organizou o Concello para coñecer a comarca do Salnés. Durante o percorrido, ademáis de visitar Cambados, o Grove e A Illa da Toxa, os participantes fixeron unha viaxe en catamarán pola ría para ver os fondos mariños e degustar mexilóns. >

Máis de trinta persoas visitaron a comarca do Salnés e 50 irán mañá a Lugo Ler máis »

Cursos de formación para persoas adultas

20180920 Formacion AdultosO Concello de Rois programou para este outono-inverno un amplo programa formativo dirixido ás persoas adultas do municipio, con actividades que van das manualidades á música tradicional pasando pola micoloxía ou as novas tecnoloxías. A inscrición pode realizarse ata o venres 5 de outubro no Concello de Rois, no edificio multiusos de Rois ou na oficina municipal de Urdilde. >

Cursos de formación para persoas adultas Ler máis »

Artesáns de Rois participan nunha exposición para promocionar o Camiño Portugués

20180923 Rois Exposicion Artesania Camiño Publico

Artesanía de Rois e fotografías de diferentes localidades do Camiño Portugués dende Lisboa ata Compostela. Son a esencia da exposición Artesanía e Camiño que onte se inaugurou no edificio Multiusos e que se poderá ver ata o 31 de outubro. Con esta iniciativa, o Concello de Rois e a Fundación Camiño Portugués de Santiago queren conmemorar os 25 anos da primeira peregrinación que fixo a Fundación en 1993 e que, anos despois, permitiría o recoñecemento oficial desta Ruta. >

Artesáns de Rois participan nunha exposición para promocionar o Camiño Portugués Ler máis »