Tres espectáculos de compañías galegas de referencia forman o cartel da segunda Mostra de Teatro de Rois
- O ciclo celébrase entre o venres 19 e o domingo 21 de outubro con propostas para público adulto e infantil
- Talía Teatro, Malasombra e Títeres Cachirulo poñen en escena as súas propostas no Auditorio Municipal
- As entradas son de balde e deberán retirarse media hora antes de cada función
Tres espectáculos de tres compañías de referencia conforman este ano o cartel da II Mostra de Teatro de Rois, que se celebra na fin de semana do 19 ao 21 de outubro. >




A actividade creativa A galiña dos ovos de conto chega a Rois o vindeiro mércores 17 de outubro ás 18.00 h. Trátase dunha narración oral e obradoiro de plástica a cargo de Electra Menéndez Muñoz, dirixida a nen@ desde os 5 anos. > 
O mércores día 10 dará comezo a actividade de Marcha nórdica. As xornadas de iniciación son gratuítas e celebraranse todos os mércores do mes de outubro. Os participantes sairán do edificio multiusos de Rois ás 11.00 da mañá.


> 














