Educación, Cultura e Xuventude

Noticias relacionadas cos ámbitos de actuación de Educación, Cultura e Xuventude do Concello de Rois

Rois empeza a conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero cun obradoiro de ioga

Unha vintena de mulleres participaron o pasado sábado no edificio multiúsos nun obradoiro de ioga, a primeira das actividades programadas polo Concello de Rois para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O vindeiro 29 de novembro celebrarase un obradoiro de defensa persoal para mulleres a partir das seis da tarde dirixido a mulleres maiores de idade empadroadas en Rois. >

Neboeira Cultura e Tempo Libre decidiu cancelar a andaina nocturna de terror ‘Paso do Alén’ polo mal tempo

A Asociación Neboeira Cultura e Tempo Libre ven de comunicar oficialmente a decisión de cancelar a actividade ‘Paso do Alén: Andaina nocturna de terror’. Neboeira Cultura e Tempo Libre contaba coa colaboración do Concello de Rois para organizar esta andaina nocturna, inicialmente prevista para o día 2 de novembro, e que inicialmente se aprazara unha semana. >