O Auditorio acollerá o día 15 de febreiro unha sesión formativa para aprender a facer trámites por internet
O Multiúsos de Rois acollerá o xoves 15 de febreiro ás 11 da mañá unha nova sesión formativa do programa A Administración cerca de ti, que ten como obxectivo aprenderlle a toda a veciñanza a facer trámites por internet.
Nesta sesión de formación gratuíta, todas as persoas que o desexen poderán aprender a facer os trámites máis habituais e resolver as dúbidas que teñan. >