23 de xullo de 2021

Faise pública a resolución da alcaldía coa puntuación total obtida pola aspirante no proceso de selección dun/ha traballador/a social para o Concello de Rois, ademais do nomeamento dunha persoa para o posto.  

A resolución pódese consultar en arquivo adxunto.

13 de xullo de 2021

Faise pública a acta de valoración do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para a contratación temporal dun/ha traballador/a social polo procedemento de concurso-oposición e entrevista para reforzar os servizos sociais do concello de Rois.

A resolución fixa tamén a data de realización do segundo exercicio (caso práctico) o vindeiro 15 de xullo ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. Ao seu remate, terá lugar a entrevista persoal

A resolución pódese consultar en arquivo adxunto.

7 de xullo de 2021

Faise pública a resolución da alcaldía coa relación de persoas admitidas e excluídas do proceso selectivo para a contratación temporal dun/ha traballador/a social polo procedemento de concurso-oposición e entrevista para reforzar os servizos sociais do concello de Rois dentro do Plan Único de Concellos POS+ Adicional 1/2021 co fin de apoiar os equipos actuais e facilitar a tramitación urxente de prestacións obxecto do plan. O contrato abrangue do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2021.

A resolución recolle tamén a composición do tribunal cualificador e fixa a realización do primeiro exercicio para o día 13 de xullo de 2021 ás 9.00 horas no salón de sesións do Concello de Rois

A resolución pódese consultar en arquivo adxunto.

11 de xuño de 2021

Fanse públicas as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación temporal dun/ha traballador/a social polo procedemento de concurso-oposición e entrevista para reforzar os servizos sociais do concello de Rois dentro do Plan Único de Concellos POS+ Adicional 1/2021 co fin de apoiar os equipos actuais e facilitar a tramitación urxente de prestacións obxecto do plan. O contrato abrangue do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2021.

Nos arquivos adxuntos pódense consultar as bases reguladoras, o decreto de alcaldía coa aprobación das bases e o modelo de solicitude.

O prazo para a presentación de solicitudes é de 10 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación deste anuncio, polo que remata o luns 21 de xuño.