Urbanismo e Medio Ambiente

Exposición pública do expediente de desafección de camino en Liñares, Costa

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de novembro de 2019, adoptou o acordo de aprobación inicial do expediente para a desafectación do dominio público local dun terreo que aparece como camiño municipal con referencia catastral 15075B504090670000GJ, situado no lugar de Liñares (Costa), coa forma límites e extensión que derivan da súa descrición no informe técnico. >

Rois apórtalle ao GES de Padrón unha marcadora para eliminar niños de velutina

20191015 web Marcadora 2

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón, que atende toda a comarca do Sar, leva retirados no concello de Rois 1.000 niños de velutina, e outros 500 no de Dodro. Co obxectivo de colaborar co traballo da agrupación e facilitar unha mellor e máis rápida atención da veciñanza para retirar as perigosas colmeas da avespa asiática, o alcalde de Rois, Ramón Tojo, entregoulle esta mañá aos responsables do GES unha marcadora para eliminar as colmeas desta especie invasora. >

O Concello de Rois propón novo rueiro no núcleo da Calle e numeración na parroquia de Urdilde

  • A veciñanza poderá consultar o expediente ata o día 26 na oficina de Urdilde os martes e xoves de 09.00 a 11.00 horas, ou nas dependencias municipais de 08.30 a 14.00 horas

  • Rúa Compostela, Carlos Villaverde ou Campanario son algúns dos nomes propostos

 

O Concello de Rois quere ordenar a numeración das vivendas na parroquia de Urdilde e propón tamén unha nova denominación para a maioría das rúas do núcleo da Calle, para facilitar a localización e simplificar a denominación nunha das zonas de máis crecemento do municipio. >