Urbanismo e Medio Ambiente

O Concello de Rois lanza unha campaña de elaboración de compostaxe doméstica

O Concello de Rois lanza unha campaña de formación para a elaboración de compostaxe doméstica. A programación comeza este venres, 3 de xullo, cun curso monográfico gratuíto de dúas horas de duración. O Concello conta coa colaboración das asociacións municipais na difusión desta iniciativa, coa finalidade de formar á veciñanza no proceso correcto de creación de compost. >

Instalan dous semáforos en Rois para mellorar a seguridade viaria no cruzamento de Antequeira

A empresa Eulogio Viñal comezou a instalar xa os dous semáforos que van controlar a velocidade en Rois, no cruzamento da AC-301 en Antequeira, para mellorar a seguridade viaria.

Esta intervención fóralle solicitada polo Concello á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que adxudicou as obras o pasado 9 de marzo, cun investimento de máis de 34.000 euros. >

Preguntas e respostas sobre medidas que afectan ao sector agrario durante a emerxencia sanitaria

A Consellería de Medio Rural deseñou un protocolo coas instrucións a seguir no ámbito agrogandeiro durante a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus. A suspensión dos permisos de queima, os prazos para solicitar a PAC, o coidado dos animais e cultivos ou os teléfonos de consulta de Medio Rural son algúns dos temas que se detallan neste documento informativo. >

Castro Lupario

Concello e veciños pídenlle en Industria cambiar o trazado da liña de alta tensión no Castro Lupario

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, e unha representación da Comunidade de veciños de Angueira de Castro, da parroquia de Ribasar, reuníronse esta mañá na Consellería de Economía, Emprego e Industria co director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, para reiterarlle a solicitude de que se modifique o trazado la liña de alta tensión Lousame-Tibo ao seu paso por Rois para que non afecte nin ao Castro Lupario nin ao núcleo de Angueira de Castro. >