Urbanismo e Medio Ambiente

A Xunta inviste máis de 30.600 euros na recuperación da área recreativa e do lavadoiro de Oín

  • O Goberno galego destina 24.000 euros á ampliación do abastecemento en varios núcleos de Rois

  • A directora xeral de Administración Local destaca a importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos

 

20201019 Visita DXAdministracionLocal 02A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou as obras que a Xunta de Galicia está a financiar no municipio de Rois por un importe superior aos 54.000 euros, destinadas á mellora da área recreativa de Oín e á ampliación da rede de abastecemento no municipio. >

A conselleira de Vivenda visita en Contimundi a casa en rehabilitación dunha parella menor de 35 anos que recibiu axuda da Xunta de Galicia

  • O programa destinado a concellos de menos de 5.000 habitantes recibiu na última convocatoria 213 solicitudes de axuda

 

Vivenda Rois web ALI6949A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, visitaron esta mañá o lugar de Contimundi, na parroquia de Rois, que está a rehabilitar unha parella do municipio que se acolleu ao programa  de axudas á adquisición de vivenda por menores de 35 anos en municipios con menos de 5.000 habitantes. >

A Xunta vai investir 600.000 euros na senda peonil de Rois ata o polígono de Cortizo

  • Gonzalo Trenor presentou esta mañá a obra, que mellorará a seguridade viaria nun tramo de 750 metros

  • A actuación inclúe unha mellora no trazado da AC-301, eliminando dúas curvas perigosas en Oín

 

O novo delegado territorial da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, presentoulle esta mañá en Rois ao alcalde, Ramón Tojo, unha actuación do Goberno galego para mellorar a seguridade viaria entre a capital de Rois e o parque industrial de Padrón, construíndo unha senda peonil de 750 metros de longo que suporá un investimento duns 600.000 euros. >