Urbanismo e Medio Ambiente

A Xunta adxudicou por máis de 595.000 euros as obras da senda peonil do polígono de Cortizo a Rois

  • Os traballos iniciaranse na segunda quincena de xuño e teñen un prazo de execución de 8 meses
  • A senda partirá da contorna do polígono de Cortizo, discorrendo pola marxe esquerda da antiga estrada AC-299 e continuando pola marxe dereita da estrada AC-301
  • As obras incluirán unha mellora puntual do trazado da vía e a reconstrución dunha intersección, mantendo o sistema de semiglorieta
  • O departamento que dirixe Ethel Vázquez, a través destas actuacións, favorece os desprazamentos a pé ou en bicicleta dun xeito cómodo e seguro, fomentando unha mobilidade máis sustentable

Ramón Tojo, José Manuel Cortizo e os técnicos visitan a rotonda de entrada a Rois na AC-301

  • O alcalde pedíralle a Aluminios Cortizo que executara a obra para mellorar a seguridade viaria na zona e agradeceulle o investimento
  • A infraestrutura costeada pola empresa mellora tamén os accesos a Seira, que contan agora con alumeado público led
  • A palabra ‘Rois’ recibe aos automobilistas que se achegan ata o municipio por este vial, que dá acceso á N-550 e á autoestrada