Urbanismo e Medio Ambiente

Rois apórtalle ao GES de Padrón unha marcadora para eliminar niños de velutina

20191015 web Marcadora 2

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Padrón, que atende toda a comarca do Sar, leva retirados no concello de Rois 1.000 niños de velutina, e outros 500 no de Dodro. Co obxectivo de colaborar co traballo da agrupación e facilitar unha mellor e máis rápida atención da veciñanza para retirar as perigosas colmeas da avespa asiática, o alcalde de Rois, Ramón Tojo, entregoulle esta mañá aos responsables do GES unha marcadora para eliminar as colmeas desta especie invasora. >

Rois apórtalle ao GES de Padrón unha marcadora para eliminar niños de velutina Leer más »

A Xunta acorda co Concello de Rois a istalación de semáforos limitadores na estrada AC-301

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantivo unha xuntanza co alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, na que lle trasladou o compromiso da Xunta coa mellora da seguridade viaria na estrada de titularidade autonómica AC-301, na que se instalarán semáforos limitadores de velocidade no tramo que percorre Concello de Rois. >

A Xunta acorda co Concello de Rois a istalación de semáforos limitadores na estrada AC-301 Leer más »

O Concello de Rois propón novo rueiro no núcleo da Calle e numeración na parroquia de Urdilde

  • A veciñanza poderá consultar o expediente ata o día 26 na oficina de Urdilde os martes e xoves de 09.00 a 11.00 horas, ou nas dependencias municipais de 08.30 a 14.00 horas

  • Rúa Compostela, Carlos Villaverde ou Campanario son algúns dos nomes propostos

 

O Concello de Rois quere ordenar a numeración das vivendas na parroquia de Urdilde e propón tamén unha nova denominación para a maioría das rúas do núcleo da Calle, para facilitar a localización e simplificar a denominación nunha das zonas de máis crecemento do municipio. >

O Concello de Rois propón novo rueiro no núcleo da Calle e numeración na parroquia de Urdilde Leer más »

Novas datas para trámites relacionados coa revisión catastral do Ministerio de Facenda

Debido á gran cantidade de persoas que se están achegando ao concello para trámites relacionados co catastro, este mes de xullo, D.Arturo Calvo Tarrío ou persoal do seu equipo van a estar no concello os seguintes días para atender á veciñanza que o precise. >

Novas datas para trámites relacionados coa revisión catastral do Ministerio de Facenda Leer más »