Urbanismo e Medio Ambiente

Instalan dous semáforos en Rois para mellorar a seguridade viaria no cruzamento de Antequeira

A empresa Eulogio Viñal comezou a instalar xa os dous semáforos que van controlar a velocidade en Rois, no cruzamento da AC-301 en Antequeira, para mellorar a seguridade viaria.

Esta intervención fóralle solicitada polo Concello á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que adxudicou as obras o pasado 9 de marzo, cun investimento de máis de 34.000 euros. >

Instalan dous semáforos en Rois para mellorar a seguridade viaria no cruzamento de Antequeira Leer más »

Preguntas e respostas sobre medidas que afectan ao sector agrario durante a emerxencia sanitaria

A Consellería de Medio Rural deseñou un protocolo coas instrucións a seguir no ámbito agrogandeiro durante a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus. A suspensión dos permisos de queima, os prazos para solicitar a PAC, o coidado dos animais e cultivos ou os teléfonos de consulta de Medio Rural son algúns dos temas que se detallan neste documento informativo. >

Preguntas e respostas sobre medidas que afectan ao sector agrario durante a emerxencia sanitaria Leer más »

Dous semáforos controlarán a velocidade na estrada AC-301 ao seu paso por Rois

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou a obra para a instalación de dous semáforos que controlarán a velocidade na estrada AC-301 ao seu paso polo tramo urbano de Rois. Esta intervención foi demandada polo Concello de Rois e suporá un investimento de máis de 34.000 euros. >

Dous semáforos controlarán a velocidade na estrada AC-301 ao seu paso por Rois Leer más »

Unha xornada sobre agricultura e custodia fluvial concienciará en Rois sobre o coidado do medio

20200310 xornada agricultura auga webO Concello de Rois organiza unha xornada sobre agricultura e custodia fluvial, que terá lugar na mañá do sábado 14 de marzo no local social de Urdilde. O obxectivo desta iniciativa é concienciar sobre o coidado do medio natural e evitar as prácticas agrarias que contaminen as augas ou degraden os bosques de ribeira. >

Unha xornada sobre agricultura e custodia fluvial concienciará en Rois sobre o coidado do medio Leer más »

Castro Lupario

Concello e veciños pídenlle en Industria cambiar o trazado da liña de alta tensión no Castro Lupario

O alcalde de Rois, Ramón Tojo, e unha representación da Comunidade de veciños de Angueira de Castro, da parroquia de Ribasar, reuníronse esta mañá na Consellería de Economía, Emprego e Industria co director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, para reiterarlle a solicitude de que se modifique o trazado la liña de alta tensión Lousame-Tibo ao seu paso por Rois para que non afecte nin ao Castro Lupario nin ao núcleo de Angueira de Castro. >

Concello e veciños pídenlle en Industria cambiar o trazado da liña de alta tensión no Castro Lupario Leer más »

A veciñanza pode consultar no Concello de Rois o expediente co novo rueiro e numeración da parroquia de Costa

O Concello de Rois vai a proceder a elaborar un novo rueiro e e a nova numeración da parroquia de Costa, e expón o expediente ao público durante 15 días hábiles. As persoas ou entidades poden formular as suxestións ou as alegacións que estimen convenientes.  >

A veciñanza pode consultar no Concello de Rois o expediente co novo rueiro e numeración da parroquia de Costa Leer más »