O Concello recupera a caixa de correo de Urdilde e continúa coa nova numeración das vivendas
Logo das xestións realizadas entre Correos e o Concello de Rois, a veciñanza pode depositar nela a correspondencia que queira enviar.
Así mesmo, polo que respecta á numeración das vivendas, as tarefas van a bo ritmo, xa que o traballo de campo está prácticamente rematado. >





A Unidade Móvil 3 de inspección técnica de maquinaria agrícola vaise desprazar ao Concello de Rois os vindeiros 12 e 13 de marzo. As comprobacións realizaranse na explanada da pista de Vilachán, en Augasantas, o día 12, e na explanada da saída da vía rápida cara a Negreira, en Urdilde, o día 13. > 














