Servizos Sociais e Desenvolvemento Local

Convocadas axudas económicas para fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres

A Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia ven de convocar axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas. >

O Concello de Rois ofrece 90 prazas para que os maiores coñezan Gran Canaria por 300 euros

O Concello de Rois acaba de abrir o prazo de inscrición para que 90 veciños e veciñas maiores de 65 anos poidan coñecer As Palmas de Gran Canaria durante oito días por un prezo de 300 euros. Nesta viaxe tamén poderán participar aquelas persoas empadroadas en Rois que teñan cumpridos 55 anos e sexan pensionistas de xubilación, invalidez ou viuvez. >