Servizos Sociais e Desenvolvemento Local

O alcalde de Rois envía unha mensaxe de ánimo á veciñanza e recomenda extremar as precaucións

 

O alcalde de Rois, Ramón Tojo Lens, recomenda á veciñanza quedar na casa e colaborar coas autoridades nun vídeo publicado na web municipal. O rexedor repasa na gravación algúns dos traballos especiais que se están a levar a cabo desde o consistorio, tales como desinfección e limpeza de centros médicos e atención ás persoas máis necesitadas do municipio. >

Anuncio de suspensión dos prazos administrativos das pensións non contributivas

Debido ao estado de alarma actualmente en vigor en virtude do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, e de acordo coa Resolución de 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se da publicidade ao acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico, o Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña comunica que permanecerá en servicios mínimos para a realización unicamente das súas funcións esenciais e en consecuencia paralízanse os prazos procedimentais tanto de Renda de inclusión social de Galicia (Risga) como de pensión non contributiva (PNC), incluída a presentación das revisións anuais das pensións non contributivas, ata próximo aviso. >

Xornada sobre ciberseguridade no Centro Demostrador Tic Galicia

O alumnado do Obradoiro de Garantía Xuvenil dos concellos de Rois, Padrón e Dodro realizou unha visita didáctica ao Centro Demostrador Tic Galicia (CDTIC). Acompañados polo persoal docente do CDTIC asistiron a unha ‘Xornada sobre ciberseguridade’, organizada por Amtega e Gradiant, para coñecer polo miúdo as típicas ameazas e perigos que poden afectar aos usuarios e, moi importante, como protexerse deles. >

Josefa Boullón recibe como agasallo do Concello un peregrino de bronce ao cumprir 100 anos

O club de centenarios e centenarias de Rois conta cunha nova integrante. Josefa Boullón Rey, veciña do lugar de Faro na parroquia de Buxán, recibiu a visita do alcalde, Ramón Tojo, e do concelleiro de Obras e Urbanismo, Carlos Ares, que lle entregaron un peregrino de bronce como agasallo do Concello de Rois para celebrar esta efeméride e conversar durante uns minutos. >