Noticias

A gala dos Premios Youtubeiras reivindicará o galego como fogar integrador e diverso para a comunidade creadora de contidos na Rede

  • A cerimonia celebrarase este sábado día 17 no Teatro Principal de Santiago ás 20.00 horas e será de acceso gratuíto.
  • Un total de 18 finalistas aspiran a gañar nas oito categorías nas que se dividen os galardóns
  • O acto será presentada por Nuria Vil e Gabri Fuentes e contará coa actuación musical de Mondra
Cortes de tráfico e aparcadoiro durante a festa de Entroido en Rois

Confírmase a celebración do desfile de Entroido este sábado 10 de febreiro

Tal e como estaba previsto e despois de consultar as prediccións meteorolóxicas, Rois gozará do desfile de Entroido entre a Casa do Concello e o pavillón dos Dices na tarde deste sábado 10 de febreiro. Lembrámoslles ás persoas participantes no concurso que a recollida de dorsais comezará ás 16.30 horas na casa consistorial e que media hora despois, ás 17.00 horas, o desfile sairá cara ao pavillón dos Dices. >

Pleno da Corporación de Rois

O Concello de Rois destina a obras 185.000 euros do POS+ e 238.000 a gasto corrente

  • O Pleno aproba incluír no Plan único de concellos o afirmado e acondicionamento de viais en Pazo, da estrada que vai dende a AC-308 ata Busto e da AC-543 ata Pazos
  • O Plan complementario inclúe tamén melloras en estradas por importe de 452.000 euros
  • A partida para financiar gastos sociais extraordinarios neste exercicio supera os 75.000 euros