Educación, Cultura, Xuventude e Deportes

Concello e veciños de Rois despiden cunha cea aos voluntarios do Castro de Socastro

Representantes do Concello de Rois e veciños do municipio compartiron onte unha cea con voluntarios e coordinadores que durante estas dúas semanas estiveron facendo traballos de limpeza no Castro de Socastro, como integrantes do campo internacional de traballo que promoveu a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. >

Concello e veciños de Rois despiden cunha cea aos voluntarios do Castro de Socastro Leer más »

José Luis García (esquerda), Ramón Tojo e Manuel Cobas nunha das zonas xa limpas do Castro Lupario preto da muralla interior

Rois e Brión están a limpar o Castro Lupario para poñer en valor a fortaleza da Raíña Lupa

Os Concellos de Rois e de Brión están executando diversas melloras no Castro Lupario cun investimento próximo aos 24.000 euros. As principais intervencións do proxecto consisten na limpeza e na mellora da sinalización das rutas de sendeirismo próximas do castro, que ocupa máis de dúas hectáreas de superficie, con dúas murallas de protección, e está situado entre os dous municipios. >

Rois e Brión están a limpar o Castro Lupario para poñer en valor a fortaleza da Raíña Lupa Leer más »

Mozos de Rusia e sete comunidades españolas, no campo de traballo do Castro de Socastro

David Fernández Bella amósalles ao delegado da Xunta e ao alcalde a que se considera porta principal de acceso ao castro de Socastro

 

Un grupo de doce mozos e mozas procedentes de Rusía e sete comunidades autónomas españolas están a participar no campo de traballo internacional do Castro de Socastro, que ten por obxectivo poñer en valor este enclave celta que permaneceu habitado de xeito ininterrumpido ata o século V despois de Cristo.  >

Mozos de Rusia e sete comunidades españolas, no campo de traballo do Castro de Socastro Leer más »

San Pedro, campión do torneo de fútbol 7 Concello de Rois, tras ganar na final ao Buxán

Xogadores do San Pedro (de verde) e do Buxán (azul) xunto con outros participantes no torneo despois de xogarse a final

 

O San Pedro adxudicouse onte o a decimo cuarta edición do Torneo Interparroquial de Fútbol 7 Concello de Rois grazas a un solitario gol de J.A. >

San Pedro, campión do torneo de fútbol 7 Concello de Rois, tras ganar na final ao Buxán Leer más »

O folk e o amor pola natureza xuntaron a 750 persoas no Festival NaturFest de Rois

  • As actuacións de Pepe Vaamonde Grupo e de Virandeira pecharon onte unha xornada dedicada aos sons de raíz
  • Agrupacións tradicionais mostraron na carballeira de San Mamede a puxanza da canteira musical galega e local

Máis de 750 persoas participaron onte, sábado 28 de xullo, nas actividades do Festival NaturFest de Rois, co que a agrupación OCT Chorima e o Concello de Rois quixeron poñer en valor as tradicións culturais e a contorna natural do municipio. >

O folk e o amor pola natureza xuntaron a 750 persoas no Festival NaturFest de Rois Leer más »