Educación, Cultura, Xuventude e Deportes

A Deputación ofrece 4 días en Cabeza de Manzaneda para menores de 11 a 15 anos no mes de xaneiro

 

A Deputación Provincial da Coruña pon en marcha a Campaña de Inverno 2019 para que nenos e nenas de 11 a 15 anos da provincia goces de catro días na neve, concretamente na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. No caso dos menores do concello de Rois, o prazo asignado é do 25 ao 28 de xaneiro. >

A Deputación ofrece 4 días en Cabeza de Manzaneda para menores de 11 a 15 anos no mes de xaneiro Leer más »

A Escola de Música de Rois recibe o Nadal cun emotivo concerto ante 200 persoas

 

Alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Rois ofreceu esta tarde o tradicional Concerto de Nadal co que felicitaron as festas ás 200 persoas que encheron o auditorio do edificio multiúsos interpretando panxoliñas, temas coñecidos dos Beatles, de bandas sonoras e un variado repertorio que acabou emocionando ao público. >

A Escola de Música de Rois recibe o Nadal cun emotivo concerto ante 200 persoas Leer más »

O alcalde de Rois entrégalle os premios aos gañadores do concurso de postais de Nadal

 

A postal deseñada polo alumnado da aula de cinco anos do CPI dos Dices converteuse na postal institucional coa que o Concello de Rois vai felicitar o Nadal a todos os veciños e veciñas do municipio. Unha representación da aula recolleu a última hora de hoxe o premio como gañadores na categoría do segundo ciclo de Educación Infantil, durante a entrega de diplomas aos nenos e nenas que participaron neste primeiro concurso organizado polo Concello. >

O alcalde de Rois entrégalle os premios aos gañadores do concurso de postais de Nadal Leer más »

Reserva a túa praza para a Cabalgata dos Reis Magos

20181217 Cabalgata webA rapazada de Rois pode reservar praza para participar na tradicional cabalgata dos Reis Magos, que se celebrará na tarde do sábado 5 de xaneiro. Aqueles nenos e nenas que queiran acompañar ás Súas Maxestades nun percorrido polo concello, repartindo lambetadas, regalos e sorrisos, deben anotarse entre o luns 24 de decembro e o mércores 2 de xaneiro no teléfono 981 804 109, en horario de 9.00 a 14.00 horas. >

Reserva a túa praza para a Cabalgata dos Reis Magos Leer más »