Educación, Cultura, Xuventude e Deportes

Viaxe a Cabeza de Manzaneda 2019

O Concello de Rois organiza unha viaxe a Cabeza de Manzaneda o próximo día 9 de febreiro. A inscrición estará aberta ata o día 5 de febreiro para todos os veciños que queiran participar.

A cota é de 7 euros, para os participantes de ata 7 anos, e de 10 euros para os maiores de 7 anos (os menores de idade deberán ir acompañados por unha persoa adulta). >

Viaxe a Cabeza de Manzaneda 2019 Leer más »

Os Reis Magos percorrerán mañá Rois dende as catro da tarde ata as oito, que chegan ao multiúsos.

 

A comitiva dos Reis Magos percorrerá mañá, 5 de xaneiro, as parroquias de Rois dende as catro da tarde, e recibirán e falarán despois con todos os nenos e nenas que se queiran achegar ao edificio multiusos sobre as oito da tarde. >

Os Reis Magos percorrerán mañá Rois dende as catro da tarde ata as oito, que chegan ao multiúsos. Leer más »

A Deputación ofrece 4 días en Cabeza de Manzaneda para menores de 11 a 15 anos no mes de xaneiro

 

A Deputación Provincial da Coruña pon en marcha a Campaña de Inverno 2019 para que nenos e nenas de 11 a 15 anos da provincia goces de catro días na neve, concretamente na estación invernal de Cabeza de Manzaneda. No caso dos menores do concello de Rois, o prazo asignado é do 25 ao 28 de xaneiro. >

A Deputación ofrece 4 días en Cabeza de Manzaneda para menores de 11 a 15 anos no mes de xaneiro Leer más »

A Escola de Música de Rois recibe o Nadal cun emotivo concerto ante 200 persoas

 

Alumnado e profesorado da Escola Municipal de Música de Rois ofreceu esta tarde o tradicional Concerto de Nadal co que felicitaron as festas ás 200 persoas que encheron o auditorio do edificio multiúsos interpretando panxoliñas, temas coñecidos dos Beatles, de bandas sonoras e un variado repertorio que acabou emocionando ao público. >

A Escola de Música de Rois recibe o Nadal cun emotivo concerto ante 200 persoas Leer más »

O alcalde de Rois entrégalle os premios aos gañadores do concurso de postais de Nadal

 

A postal deseñada polo alumnado da aula de cinco anos do CPI dos Dices converteuse na postal institucional coa que o Concello de Rois vai felicitar o Nadal a todos os veciños e veciñas do municipio. Unha representación da aula recolleu a última hora de hoxe o premio como gañadores na categoría do segundo ciclo de Educación Infantil, durante a entrega de diplomas aos nenos e nenas que participaron neste primeiro concurso organizado polo Concello. >

O alcalde de Rois entrégalle os premios aos gañadores do concurso de postais de Nadal Leer más »