Educación, Cultura, Xuventude e Deportes

Anxo Angueira anima dende Rois aos músicos do mundo a tocar a ‘Alborada’ de Rosalía o día 24

20190221 ALI0550

O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, animou onte a todos os gaiteiros e músicos do mundo a recibir o vindeiro domingo, 24 de febreiro, día do 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, tocando a ‘Alborada’. “Unha peza que representa o espertar de todos, o fin da época do silencio, do medo”. >

Rois celebra mañá o Día de Rosalía con música, caldo de gloria e a revista ‘Follas Novas’

20190220 Rosalia Rois webO Concello de Rois celebrar mañá, xoves, o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro con diversos actos no auditorio municipal, a partir das 20.00 horas. Esta actividade enmárcase nos actos do Día de Rosalía que promove a Fundación Rosalía de Castro, e que inclúen, tamén mañá na casa museo da escritora, a plantación do Carballo de Gernika. >

A biblioteca pública municipal dispón de recursos dixitais coma EBIBLIODACORUNA ou GALICIA LE

A biblioteca pública municipal dispón de recursos dixitais coma os programas EBIBLIODACORUNA ou GALICIA LE. A través destas plataformas, todo o mundo poderá solicitar préstamos dixitais de libros e contidos audiovisuais.

EBIBLIODACORUNA

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña mellora a plataforma gratuíta de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, disponible para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública da provincia da Coruña. >

Nova sección de Lectura Fácil na biblioteca pública municipal de Roi

O servizo bibliotecario municipal estrea unha nova sección nos seus fondos co propósito de dar acceso á lectura e á información a toda a poboación.

A Lectura Fácil diríxese a todas aquelas persoas que comparten o gusto pola lectura e, en especial, a aquelas que teñan dificultades lectoras transitorias (inmigración, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente…) ou permanentes (trastornos de aprendizaxe, diversidade funcional, senilidade…). >