Educación, Cultura, Xuventude e Deportes

O caldo de gloria triunfa nos locais de hostalería que apoiaron a iniciativa do concello de Rois

  • Clientes dos bares e restaurantes Campo de Golf, O Pemento, Rafa, A Lúa, Benjamín, Angueira, A Casiña, Venezuela, Camiño do Mar e Fogar do Selmo conmemoraron o Día de Rosalía degustando o caldo con pan de millo da panadería San José
  • As persoas usuarias do centro de día agasallaron á concelleira Mercedes Basante tamén con bolos do pote e cantáronlle un poema de Rosalía
Victoria Quiroga, concelleira de Cultura de Rois, entrega un dos premios do certame Youtubeiras

A canles OU Ké! e Recuncho Gamer impóñense nos Premios Youtubeiras

  • O Faiado Podcast gañou na categoría Youtubeira Revelación e Unha fin de semana en Londres fíxose co premio Vídeo
  • O galardón á Calidade Lingüística acadouno olaxonmario, mentres que o premio Pioneiro foi para FicaCoaBola
  • O premio Rede distingue Youtube en Galego e o premio do Público acádao Savia Nova
  • Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística de Ames, Carballo, O Grove, Moaña, Pontevedra, Ribadeo, Rois, Santiago de Compostela e Teo, da Deputación da Coruña e da Universidade de Vigo, da Universidade de Santiago de Compostela e da Universidade da Coruña

A gala dos Premios Youtubeiras reivindicará o galego como fogar integrador e diverso para a comunidade creadora de contidos na Rede

  • A cerimonia celebrarase este sábado día 17 no Teatro Principal de Santiago ás 20.00 horas e será de acceso gratuíto.
  • Un total de 18 finalistas aspiran a gañar nas oito categorías nas que se dividen os galardóns
  • O acto será presentada por Nuria Vil e Gabri Fuentes e contará coa actuación musical de Mondra