O piloto de Urdilde Xurxo Neo volveu subir ao podio na segunda proba do Campionato de Europa Youth de trial, desputada a pasada fin de semana na localidade francesa de Breal sous Montfort. Xurxo quedou segundo, a mesma posición que lograra en León na carreira inaugural do campionato.

Aos mandos dunha Gas Gas, o xove piloto roisense perdeu o liderado da proba francesa na última volta por causa dalgúns fallos. Isto valeulle para darse de conta de que non se pode perdoar ante rivais de moi alto nivel, pero tamén o deixou con ganas de máis pois viu que pode estar arriba.

Xurxo aparcará o Europeo e a moto de 125 cc ata agosto, cando terá que facerlle fronte a dúas citas que o levarán á Isla de Man e a Escocia en dúas fines de semana consecutivas. Pero este parón non será nin moito menos de descanso, pois xa esta vindeira fin de semana comezará a desputar o Campionato de España, que arrancará coas dúas primeiras carreiras en Arteixo. No nacional, o xove piloto estrearase en 300 cc., polo que en principio aborda a temporada como un periodo de adaptación.

A axuda dos seus patrocinadores, recorda o motociclista de Urdilde, é fundamental para poder frontar unha campaña como a actual, inmerso en dúas competicións. Ademais do Concello de Rois, colaboran con el Senrasport, Ángel Leirós Motos, Brión Motor, VidrioTeo, Silmaplast, Barpimo e TCG Noia.