O Concello de Rois prepara un curso formativo sobre a Sede Electrónica municipal o vindeiro xoves 7 de novembro, na aula de informática do edificio multiusos. A actividade ensinará aos participantes a facer todos os trámites e xestións relacionados co Concello de forma telemática sen colas, nin horarios, dende o dispositivo móbil, tablet ou otrdenador. O prazo de inscrición remata o luns 4 de novembro e haberá prazas limitadas.
Rois acolle o vindeiro xoves 7 de novembro, de 10.00 a 14.00 horas, un curso formativo sobre a sede electrónica do Concello, na aula de informática do edificio multiusos. Nesa páxina web todos os veciños e veciñas poderán consultar todo tipo de información relacionada con solicitudes, servizos sociais, actividades, subvencións, urbanismo, emprego público e moitos máis ámbitos das competencias municipais, ademais de tramitar calquera xestión.
Todos os interesados en aprender un novo xeito de facer trámites sen ter que ir presencialmente á Casa Consistorial, a través do seu dispositivo móbil, tablet ou ordenador, deberán inscribirse no edificio multiusos de Rois ata o luns 4 de novembro.
As prazas son limitadas. Para máis información: 981 816 061.