• O día 15 coñecerán Muxía, Cee, Fisterra e haberá visita nocturna á fervenza do Ézaro
  • O 29 percorrerán Cambados e O Grove e haberá un paseo en catamarán pola ría
  • Os interesados deberán anotarse no concello e pagar a cota correspondente

O Concello de Rois está a organizar dúas excursións durante o mes de setembro para que a veciñanza poida coñecer algunhas das localidades da Costa da Morte, o día 15, e tamén da comarca do Salnés, o 29. As persoas interesadas deberán anotarse previamente na casa consistorial e aboar a cota correspondente nas entidades bancarias habilitadas.

Para participar n excursión a Costa da Morte,o sábado día 15, e necesario inscribirse antes do xoves día 13 na casa consistorial despois de aboar unha cota de 20 euros por persoa (12 euros para os menores de doce anos). O prezo inclúe xantar, seguro e o desprazamento en autobús.

Os participantes sairán de Rois ás 09.00 horas e poderán percorrer a vila de Muxía, xantar en Cee, visitar o farro de Fisterra e o seu porto, e tamén percorrer as rúas de Muros,  onde está previsto cear (que cada persoa deberá aboar pola súa conta).

Antes de regresar á Rois está previsto facer unha visita nocturna á fervenza do Ézaro, para gozar da súa vista iluminada polas noites. O regreso será sobre a unha da madrugada

Dúas semanas máis tarde, o sábado 29, celebrarase a excursión a comarca do Salnés, que ten un prezo de 25 euros (12 para os menores de doce anos). O prezo inclúe xantar, viaxe en catamarán pola ría (con degustación de mexillóns, viño e refrescos), seguro e autobús. O prazo para anotarse remata o luns día 24.

A viaxe comeza ás 09.00 horas e poderase visitar Cambados e O Grove. Tras o paseo en catamarán os asistentes decidirán se visitar O Grove, a illa da Toxa ou ir á praia, para volver á casa sobras as nove e media da noite. 

As persoas que desexen asistir a calquera destas dúas excursión deberán ingresar a cota corresponde na conta que o Concello de Rois ten aberta en Abanca ES87 2080 0328 9831 1000 0033) ou no Banco Pastor (ES78 0238 8229 7006 6000 0271). Co xustificante do ingreso deberán achegarse ata a casa consistorial (de 09.00 a 14.00 horas) e formalizar alí a inscrición. Dende o concello advirte que non se anotará a ninguén por teléfono.