8-10-2026

Fanse públicas as puntuacións totais provisionais do alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Rois-Teo 2026. O prazo para presentar reclamacións é ata o martes día 13 de outubro ás 14.00 horas. A listaxe pode consultarse no arquivo adxunto.

8-10-2026

Fanse públicas as puntuacións totais definitivas do/a director/a, do/a titor/a, do/a mestre/a de xardinería e do/a mestre/a albanel, así como as propostas de nomeamento, do Obradoiro Dual de Emprego Rois-Teo 2026. As listaxes poden consultarse nos arquivos adxuntos.

7-10-2026

Fanse públicas as puntuacións totais provisionais do alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Rois-Teo 2026, que poden consultarse no arquivo adxunto. O prazo para presentar alegacións remata o venres 9 de outubro ás 14.00 horas.

Vaise realizar unha ampliación da oferta no Servizo Galego de Colocación co fin de cubrir a prazas que quedaron vacantes.

7-10-2026

Fanse públicas as puntuacións das entrevistas do alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Rois-Teo 2026, que poden consultarse no arquivo adxunto.

6-10-2026

Fanse públicas as puntuacións totais provisionais para os postos de dirección, titoría, docente de albanelaría e de xardinaría do Obradoiro Dual de Emprego Rois-Teo 2026, que poden consultarse nos arquivos adxuntos. O prazo para presentar alegacións remata o xoves 8 de outubro ás 14.00 horas.

5-10-2026

Fanse públicas as puntuacións das entrevistas para os postos de dirección, titoría, docente de albanelaría e de xardinaría do Obradoiro Dual de Emprego Rois-Teo 2026, que poden consultarse nos arquivos adxuntos.

02-10-2026

Faise pública a convocatoria de entrevistas para as persoas candidatas a ocupar os postos de: dirección, mestre de albanelería, mestre de xardinería e titoría, así como para o alumnado do Obradoiro Dual de Emprego Rois-Teo 2026.

As convocatorias poden consultarse nos arquivos adxuntos.

29-09-2026

O Concello de Rois, en colaboración co Concello de Teo, pon en marcha o Obradoiro Dual de Emprego Rois-Teo 2026, un programa que combina formación e traballo para mellorar as oportunidades laborais das persoas desempregadas. As bases regulan a selección de 20 persoas como alumnado traballador, dez de Rois e dez de Teo, así como do equipo encargado de desenvolver o proxecto.

O obradoiro contará con dez prazas de operacións básicas en instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes e outras dez de operacións auxiliares de albanelaría, revestimentos e pavimentos exteriores. Os contratos do alumnado traballador serán de nove meses a xornada completa.

En Rois, os traballos de xardinaría e mantemento previstos inclúen actuacións nas contornas dos edificios multiúsos de Rois e da Peruca, na escola e no parque infantil da Peruca, nos parques infantís de Urdilde e Lamego, na escola infantil de Sorribas e nas escolas unitarias da Calle. Tamén se prevé a recuperación do lavadoiro do Aido dentro da especialidade de albanelaría.

En Teo, o alumnado realizará tarefas de mantemento e conservación das sendas da rede de roteiros turísticos e traballará na adecuación do lavadoiro de Casalonga e da súa contorna.

Selección a través da oficina de emprego

Para optar ás prazas de alumnado traballador cómpre ter 18 anos ou máis, estar en situación de desemprego e figurar como demandante de emprego dispoñible no Servizo Público de Emprego de Galicia, ademais de cumprir os demais requisitos recollidos nas bases. A oficina de emprego de Santiago Norte realizará a sondaxe de candidaturas. Posteriormente, comunicaráselles ás persoas preseleccionadas o prazo para achegar a documentación e o calendario do proceso selectivo.

As bases prevén tamén a contratación dunha persoa para a dirección, unha para a titoría, dúas para impartir as especialidades e unha para tarefas administrativas. A titoría e o posto administrativo serán a media xornada.

O proxecto, promovido polo Concello de Rois en colaboración co Concello de Teo, está subvencionado pola Xunta de Galicia e cofinanciado polo Ministerio de Traballo e Economía Social. As bases completas e as sucesivas fases da selección poden consultarse nos arquivos adxuntos.