O Pleno da Corporación de Rois aprobou este 5 de febreiro por unanimidade participar no Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos), o POS+ 2026, da Deputación da Coruña, no que lle corresponde unha asignación total de 656.062,91 euros. O punto contou co voto favorable de PP e BNG e coa abstención do PSdeG.

A proposta do equipo de goberno popular, aprobada pola Corporación, reserva 409.319,78 para gasto corrente, e outros 246.743,13 euros para a execución de investimentos financeiramente sostibles.

Os proxectos de obras incluídos no POS+ deste ano con o acondicionamento de vial en Vilar de Abade e varios na Casa do Vento (Ermedelo). O terceiro dos proxectos contempla a mellora de accesos ao núcleo de Quintáns e, o cuarto, á primeira fase da pavimentación do núcleo de Socastro.

Adicionalmente, e dentro do Plan complementario, o Concello de Rois inclúe outros tres proxectos de obras cun orzamento total de 244.946,61. En concreto figura a segunda fase da pavimentación de Socastro, o acondicionamento e humanización da praza de Oín e a súa contorna, e o afirmado e acondicionamento da estrada que vai de Penavide a Asneiros.

Aínda que votou a favor “porque as obras son moi necesarias”, o BNG vota en falta unha planificación anticipada para a execución de obras e incluír outros proxectos, como o saneamento. O alcalde, Ramón Tojo, respondeulle se van facendo “pouco a pouco” melloras en pistas nas diferentes aldeas e que os abastecementos e saneamentos “ímolos incluíndo en diferentes plans”, se ben aclarou que Socastro xa conta con saneamento.O PSdeG optou por absterse porque non participou na elaboración do POS, se ven aclarou que as obras son moi necesarias.