25 de setembro de 2026
O Concello de Rois convoca un proceso selectivo para cubrir a praza de encargado/a da brigada municipal de operarios, mediante contrato laboral de interinidade ata a súa cobertura en propiedade.
A selección realizarase mediante oposición e entrevista persoal. Entre os requisitos figuran contar coa titulación de ESO, EXB ou equivalente e estar en posesión do permiso de condución C1. As persoas que non acrediten o Celga 2 ou equivalente deberán superar unha proba de lingua galega.
O prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP da Coruña do 25 de setembro. As instancias deberán presentarse no rexistro xeral do Concello, empregando o modelo do anexo II e acompañadas da documentación indicada nas bases.
As bases completas, o temario e o modelo de solicitude poden consultarse no documento adxunto. Os sucesivos anuncios do proceso publicaranse no taboleiro electrónico do Concello de Rois e no taboleiro da Casa do Concello.
















