Despois de percorrer 20 quilómetros por fermosos paraxes do concello, e repoñer forzas en Angueira de Castro, os asistentes participaron nun sorteo de diferentes agasallos. Entre os participantes atopábanse Suso Blanco Villar, director do Club Ciclista Padronés, e Martín Bouzas, do Super Froiz e medalla de bronce no campeonato de España contrarreloxo individual. Coa organización da proba colaboraron Protección Civil de Rois e Padrón, e tamén o GES Terras de Iria, e a Asociación Amipa.