O alcalde de Rois asinou hoxe unha resolución pola que anuncia a convocatoria telemática por videoconferencia do pleno previsto para o mes de maio.

Como consecuencia da declaración do estado de alarma decretado polo Goberno Central, permíteselles ás corporacións locais celebrar plenos non presenciais. Despois de consensuar a medida cos representantes dos grupos políticos presentes na Corporación, o alcalde asinou o decreto para celebrar o pleno ordinario de maio por videoconferencia.

O Concello de Rois utilizará a plataforma da Deputación da Coruña para este pleno telemático, a través da plataforma Google Meet.

A resolución da alcaldía pódese consultar no arquivo adxunto.