O Concello de Rois conmemora hoxe o Día Internacional da Muller coa celebración de diferentes actos. Nun primeiro lugar, ás 19.30 horas, toda a veciñanza do municipio está convidada a acudir ao Auditorio Municipal para apoiar e presenciar  a lectura do manifesto a prol da igualdade. Unha vez rematada esta primeira acción, procederase a repartir os premios aos gañadores do concurso de carteis que se organizou con motivo desta conmemoración.

Neste certame recadaronse un total de 50 debuxos feitos polo alumnado de entre 0 e 16 anos dos centros educativos do Concello de Rois. Os gañadores das nove categorías foron  Brais Ínsua, familias da Galiña Azul, Marina Vidal, alumnado de 5º de educación infantil do CPI dos Dices-Rois, Iara Rodríguez, Iker Pombo, Celtia Ínsua, Lidia Núñez, Julia Carnota, Mariña e Adrián Castro, Breixo Rey, Carmen Romarís, Carmen Vidal e Ana Bustelo. Cada un deles recibirá como recordo un diploma, un agasallo sorpresa e libros. Ao resto entregaráselles tamén un recordo.